Tras as consecuencias especialmente graves e tráxicas ocasionadas o 29 de outubro de 2024 pola DANA, foi publicado o Real Decreto-lei 7/2024, do 11 de novembro, polo que se adoptan medidas urxentes para o impulso do Plan de resposta inmediata, reconstrución e relanzamento fronte aos danos causados pola Depresión Illada en Niveis Altos (DANA), en diferentes municipios, entre o 28 de outubro e o 4 de novembro de 2024.
Esta norma atribúe ao Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, en colaboración co Ministerio do Interior e as comunidades autónomas, a elaboración dun plan de formación ante emerxencias de protección civil, de carácter obrigatorio en todos os centros educativos non universitarios, que estenda a cultura da prevención e garanta a adecuada formación de toda a comunidade educativa na resposta ante todo tipo de emerxencia de protección civil.
Este portal inclúe os materiais educativos creados de maneira conxunta polo Ministerio do Interior, o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e as comunidades autónomas, co fin de que poidan ser utilizados nos centros educativos non universitarios.
Todos os materiais, dispoñibles en castelán, catalán, eúscaro, galego e valenciano, elaboráronse respectando os principios de inclusión e accesibilidade e con enfoques diferenciados por niveis educativos:
NOTA BENE: estes materiais, así como as súas versións noutras linguas oficiais do Estado, iranse actualizando e completando progresivamente.
Para acceder ás diferentes versións, seleccione o idioma na esquina superior esquerda deste sitio.